FSP-UGT amosa a súa satisfacción ante un acordo que permitirá ofertar 1.754 prazas de persoal laboral e 682 de funcionarios
Santiago, 10 de abril de 2008.- A Xunta de Galicia e as organizacións sindicais acordaron hoxe, na recentemente constituída mesa de negociación de empregados públicos, aprobar o Plan de consolidación para o persoal funcionario e laboral da Administración galega.
A Federación de Servicios Públicos (FSP) da UGT Galicia amosa a súa satisfacción por ter cegado a un acordo desta importancia,sustentado no “Estatuto Básico del Empleado Público” na súa disposición transitoria 4 e na mesa do diálogo social de Galicia, onde se acorda a redución da temporalidade e a estabilidade laboral.
O acordo implica que 1.754 prazas de persoal laboral e 682 de funcionarios poidan ser ofertadas ao conxunto da cidadanía.
As intensas negociacións levadas a cabo nos derradeiros días remataron nun texto moito más amplo que o propio Plan. Estas melloras atinxen á carreira profesional, á promoción interna dos traballadores/as, ao concurso de traslados para a súa mobilidade xeográfica e á funcionarización en relación ás súas funcións, entre
outras melloras para os empregados públicos galegos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada